G.E.A.S.

Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes
Atlas Hosting por dinahosting.
Dinahosting
 

Anuario de anfibios e réptiles de Galicia

Introducción

Presentamos aquí un proxecto que parte desde o Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes (GEAS) para aumentar o coñecemento sobre os anfibios e réptiles da nosa terra. Desde GEAS queremos aportar información sobre cuestións que descoñecemos dos hérpetos como poden ser en que época se producen as cópulas, cando podemos observar postas de anfibios, ou cando saen os xuvenís recén metamorfoseados das charcas. Pero este tipo de cuestións, fundamentalmente descritivas, non son o único obxectivo deste proxecto. A maiores, queremos determinar dúas cuestións que cremos fundamentais:

  1. Determinar cales son os factores climáticos que condicionan e determinan o momento no que se producen as diferentes etapas polas que pasan os hérpetos (período de cópulas, de postas, de emerxencia, etc).

  2. Determinar se ó longo dos anos existe algún tipo de variación nas épocas en que comezan ou terminan as diferentes etapas polas que pasan os hérpetos, como consecuencia do cambio climático.
    Ambas cuestións son de vital importancia, e debido a que necesitan unha elevada cantidade de citas e un longo período de realización, é necesaria a colaboración de herpetólogos tanto afeccionados como profesionais para levalo a bo termo.

As etapas ou ciclos que queremos determinar son:

  1. Período de actividade de xuvenís e adultos: Período no cal atopamos xuvenís e adultos activos, sabido o cal poderemos coñecer por exclusión os períodos de hibernación e estivación. Son especialmente importantes os datos de ofidios atropelados así como as súas mudas, debido á baixa detectabilidade deste grupo.

  2. Período de cópulas: período no cal se producen cópulas na natureza.

  3. Período de postas: período no cal se poden atopar postas na natureza, dende que se produce a posta ata que eclosionan tódolos ovos. Só son válidas as postas que teñan embrións vivos no seu interior.

  4. Inicio de eclosión das postas: Non é un período, senón unha data a partir da cal podemos observar a primeira aparición de larvas (en anfibios) e xuvenís (en réptiles). Determínase coas primeiras citas de larvas ou xuvenís, segundo se trate de anfibios ou réptiles.

E exclusivamente para anfibios, temos a maiores:

  1. Período larvario: desde que eclosionan as larvas ata a metamorfose.

  2. Período de emerxencia: tampouco é un período, senón unha data a partir da cal podemos observar os primeiros metamórficos.

Situación do proxecto

O proxecto está actualmente en funcionamento. Podedes solicitar máis información en: mcohyla@yahoo.es ou no 630 948 293. Podedes tamén descargar a metodoloxía para a toma de citas e a ficha modelo en formato excel.