G.E.A.S.

Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes
Augadana

Proxecto atropelos

Introducción

As estradas son a principal causa de peda de biodiversidad na Península Ibérica, tanto a nivel local como a nivel nacional, ditas infraestructuras exercen, polo menos, tres efectos negativos sobre a fauna salvaxe: perda de hábitat, un efecto barreira; impedindo a conexión entre distintas poboacións da mesma especie e por último, un efecto máis directo, como é a morte de individuos por atropelos.

Obxectivos

  1. Diferenciar as especies máis afectadas polos atropelos.

  2. Comprobar si existe unha variación estacional no número de atropelos, tanto a nivel global como a nivel específico.

  3. Sinalar o tipo de vía na que se producen maior número de mortes.

  4. Coñecer puntos negros, é dicir, zonas de paso de animais onde se producen a maioría dos atropelos.

  5. Influencia do entorno. E de supoñer que en zonas de hábitat natural se produzan maior número de atropelos de especies salvaxes, isto nos pode servir para focalizar as actuacións a realizar nunha vía (pasos de fauna, barreiras, medidas disuasorias, etc.).

  6. Comprobar se as incorporacións nos corredores rápidos, autoestradas e autovías son zonas permeables ós animais, sendo zonas onde habería que maximizar os traballos.

  7. Examinar a influencia das curvas no número de atropelos.

  8. Intentar relacionar o número de animais atropelados observados dende un automóvil cos realmente atropelados.

Situación do proxecto

Este proxecto finalizouse e parte dos resultados obtidos foron presentados no congreso da SECEM (Sociedad Española para la Conservación y Estudio de los Mamíferos), celebrado en Valencia no ano 2005.

Tamén podes atopar un artigo no noso boletín Myotis