Programa de control e monitoreo nas lonxas de escualos e dos seus parásitos
Introducción
O Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes (GEAS), no seu afán de aumentar o coñecemento da ecoloxía e bioloxía dos organismos mariños, e en colaboración ca Universidade de Vigo, estivo durante o período 2003 – 2004, traballando neste proxecto.
Metodoloxía
A metodoloxía de mostreo é simple e consiste en visitar de forma periódica (1 vez mensual) a lonxa de Vigo (a máis importante en canto a tiburóns peláxicos) para estudiar de forma aleatoria varios especímens.
A especie analizada con maior frecuencia e o marraxo (Isurus oxyrhinchus), xa que outras especies capuradas presentan un número de exemplares nas lonxas difcil de mostrear, tanto por defecto como por exceso. A pesares desto, tamén se mostrean as quenllas (Prionace glauca) que representa a especie con maior frecuencia de aparición, así como o peixe zorro (Alopius vulpinus) especie cunha baixa frecuencia de aparición.
Cada exemplar estudiado e medido segúndo un protocolo i examínado para detectar a presencia dos parásitos adheridos á súa pel (xeralmente Crustáceos: copépodos.) unha vez recolectados, estos parásitos son conservados en frascos etiquetados para a súa posterior identificación nos laboratorios da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo.
Situación do proxecto
O proxecto está actualmente en
funcionamento. Podedes solicitar máis información escribindo a
gonzalo@iim.csic.es
