G.E.A.S.

Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes
Augadana

Estudo das poboacións de pintafontes do río Sarela

Introducción

Na actualidade e debido á gran expansión e crecemento da sociedade, estanse perdendo zonas de gran valor natural, sexa por industrialización, urbanismo ou polo abandono do medio rural (perda das prácticas tradicionais que respetaban o medio).

En consecuencia, moitas comunidades animais perden o seu hábitat natural; debido a isto, a maioría desaparecen de zonas nas que antes eran habituais. Aínda que existen especies que conseguen adaptarse ás novas condicións do medio.

Neste traballo preténdese estudia-las poboación de anfibios que se adaptaron a novos hábitats (abrevadeiros, fontes, lavadoiros abandonados,…), debido á perda dos manantiais naturais dos que subsistían.

A zona escollida de estudio, é un tramo do río Sarela (afluente do Sar), no cal se poden atopar algúns destes novos hábitats "adoptados" polos anfibios.

O estudio centrarase en dúas especies de tritóns: Pintafontes verde (Triturus marmoratus) e Pintafontes común (Lisotriton boscai).

Obxectivos

  • Localización dos hábitats favorables (2 ou 3 interconectados).

  • Mostraxe completa de tódolos individuos atopados.

  • Observación dos hábitats negativos; causas.

  • Listado completo das especies de anfibios e réptiles atopadas.

  • Estado e conservación da área de estudio.

Situación do proxecto

Durante o ano 2006 e parte do ano 2007 dous pilóns nas proximidades do río Sarela foron mensualmente visitados.

Mediante sacaderas recolleuse durante 15 min os tritóns presentes en cada unha delas. Así mesmo foron tomados datos de hábitat de cada un dos pilóns: cobertura vexetal próxima, nivel e temperatura da auga, etc.

Cada un dos individuos foi identificado, pesado, sexado e, no caso dos pintafontes comúns, fotografiados na súa parte ventral.

Así mesmo, foi mostreada a comunidade de invertebrados acuáticos en cada un do mostreos con intención de ver a variación temporal das mesmas e logo poder relacionalo coas variacións poboaciónais de pintafontes.

Actualmente o proxecto considérase rematado, estando pendente a análise dos datos obtidos.