G.E.A.S.

Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes
Augadana

Ecoloxía do porcoteixo (Meles meles) en ecosistemas temperados do noroeste da Península Ibérica

Introdución

A Península Ibérica está considerada como a última gran reserva de biodiversidade de Europa occidental, a pesar diso, ós estudos dirixidos  cara á conservación da súa riqueza biolóxica son escasos, e normalmente dirixidos á conservación das especies banderia, esquecéndose doutras moitas. Estas especies, requiren atención xa sexa polas súas peculiaridades biolóxicas ou o seu papel crave nos ecosistemas.   Algunhas rexións foron especialmente pouco estudadas nos seus valores naturais, este é o caso de Galicia, unha área fundamental dentro do contexto ibérico por formar parte da franxa eurosiberiana, pero nas proximidades do profundamente distinto medio mediterráneo. Entre o grupo de especies peor coñecido atópanse os mamíferos carnívoros.   Os mamíferos carnívoros resultan especialmente interesantes por resultar fundamentais na dinámica dos ecosistemas nos que viven (ex: dispersión de sementes, Herrera 1989, control de presas), sendo considerados como indicadores do estado de conservación dos mesmos (Zielinski e Kucera 1995). A pesar disto, a información dispoñible sobre estas especies e moi reducida.   Con este estudo preténdese dar a coñecer máis aspectos sobre a bioloxía dunha das especies de carnívoros máis comúns en Galicia, o porcoteixo (Meles meles), dado que a especie está moi relacionada coa actividade agrogandeira de vital importancia nesta rexión.   A pesar disto, os traballos sobre esta especie en Galicia son moi escasos e limítanse a aproximacións sobre a súa distribución (Chouza, M. e Cid, R. 1995, Pardavila et al. 2003).

Obxectivos

  1. Describir as características do área de distribución de Meles meles nunha paisaxe rural de Galicia a través do estudo de teixugueiras.

  2. Aplicar un modelo preditivo para xeralizar os resultados obtidos no paso anterior e predicir a distribución da especie.

  3. Estudo de patróns de comportamento da especie, ó longo do seu ciclo vital.

Material e métodos

Área de estudo

O área de estudo comprende 4 áreas de 225 km2, sitas no centro de Galicia, como se observa na figura 1.

 

 
  Figura 1: Os recadros delimitan ás áreas de estudio.  

Itinerarios de censo de teixugueiras

Dividiuse o área de estudio nun total de 108 cuadrículas de 2,5 x 2.5 km.(Pardavila et al. 2007). A continuación foron seleccionadas ó chou 45 das mesmas, onde posteriormente realizaranse un total de 5 itinerarios a pé de 500 m de lonxitude, cubrindo 2500 m por cuadrícula. En cada itinerario, buscáranse as teixugueiras presentes nunha banda de 50 m (25 m a cada lado da liña de progresión), de igual modo como se ten feito noutras áreas para a mesma especie (Thornton 1988, Creeswell et al. 1989, Macdonald  et al. 1996, Virgós e Casanovas 1999, Pardavila et al. 2007). Este método parece ser o adecuado para avaliar a abundancia e distribución da especie (Doncaster e Woodroffe 1993).
Tentouse distribuír os itinerarios por tódolos hábitats presentes dentro de cada cuadrícula, tendo en conta os requirimentos ecolóxicos da especie, polo que principalmente mostrearanse as zonas cunha cobertura vexetal apropiada. Evitáronse as zonas abertas, por ser estas pouco apropiadas para a construcción dos tobos (Thornton 1988).
Rexistraranse as variables de hábitat circundante cada 100 m de itinerario (con intención de analizar os requerimentos de hábitat da especie). Cada vez que se atopaba unha teixugueira, obtíñase a súa posición en coordenadas UTM. Para isto, e como elemento innovador empregarase un sistema informático de recollida dos datos. Mediante o uso de PDA’s provistas de sistema GPS, ven integrado ou de tipo externo, procederase á toma dos datos mediante o uso do programa CyberTracker desenvolto por Justin Steventon e Louis Liebenberg, facilitando deste modo a recollida de datos.
Para acadar a independencia dos itinerarios, cada transecto foi separado do anterior por unha distancia mínima de 200 m.

Modelo de hábitat

Nos últimos anos xurdiron os modelos de distribución de especies como métodos para coñecer os patróns polos que se rexen especies e comunidades, así como as relacións entre a abundancia e distribución destas especies e as variables ambientais (Guisan e Zimmerman 2000, Araújo e Guisan  2006).
Estes modelos tamén coñecidos como "modelos de hábitat", aventúranse como fundamentais á hora de establecer estratexias e plans de conservación para especies e ecosistemas (Funk e Richardson 2002, Goolsby 2004, Edwards et al. 2005), resultando ser unha ferramenta moi útil para explorar diversas cuestións en ecoloxía, evolución e conservación (Elith et al. 2006).
Os sistemas de información xeográfica (SIX) resultan ser unha poderosa ferramenta para recoller información espacial, e poder empregala para diversos fins (Berry 1993,  Johnson 1993, Maclaren e Braun 1993) porque permiten analizar un gran número de datos de diversas orixes, o que conduce ó plantexamento de novos problemas, e a consecuente búsqueda de solucións ( Danks e Klein 2002 ).
Nos últimos anos adaptáronse os métodos de presenza – ausencia, como a regresión loxística, ós modelos  de solo presenza, debido á súa maior capacidade de predición ( Elith et al. 2006, Pearce e Boyce 2006).
Existen varios factores a ter en conta á hora de realizar un modelo de solo presenza, entre os que destacan erros na identificación e localización espacial (Wieczorek et al. 2004, Frey 2006), a elección adecuada do tamaño da cela elixida como unidade de análise (Guisan et al. 2007), a selección do método de modelizazón correcto (Elith et al. 2006, Pearce e Boyce 2006), e finalmente a escaseza dos rexistros de presenza e falta de ausencias (Ferrier 2002, Engler et al. 2004). Por todos os motivos expostos anteriormente, os resultados obtidos por este tipo de modelos deben ser interpretados sempre tendo en conta as súas limitacións (Elith et al. 2006). Unha vez xerados os modelos empréganse os Sistemas de Información Xeográfica (SIX) para elaborar mapas ca información obtida.  (Danks e Klein 2002, Elith e Leathwick 2007).
Neste caso empregaranse os datos de presenza de teixugueiras para desenvolver un mapa de distribución potencial das mesmas no área de estudo (Pardavila et al. 2007).

Trampeo fotográfico

Nos últimos anos vense empregando este método para avaliar a situación de infinidade de especies, principalmente mamíferos carnívoros (ver por exemplo, Zielinski e Kucera 1995, Torres et al. 2003,Karanth 2004). O método resulta económico e moi efectivo,  feito de gran interese á hora de realizar un estudio faunístico. A pesar disto debe terse en conta que a efectividade deste método non é total, polo que debe empregarse ó tempo que outros (Silveira et al. 2003).
Seleccionaranse as teixugueiras máis activas dentro do área de estudo, e instalarase unha batería de cámaras fotográficas provistas dun sistema de disparo automático mediante un sensor de movemento. Cada cámara permanecerá activa por un período de 15 días,  cun esforzo que se axustaría ó recomendado noutros traballos (8-28 días). Cada un destes dispositivos serán situados de tal xeito que cubran a maioría do entorno da teixugueira. En base ós resultados obtidos poderase monitorizar:

  • Tamaño dos grupos familiares.
  • Patróns de actividade.
  • Relacións sociais.
  • Sucesos reprodutores.
  • Interacción con outras especies.

Situación do proxecto

O proxecto está actualmente en funcionamento. Podedes solicitar máis información escribindo a geasmail@yahoo.es, ou ben apuntádevos ano noso foro, onde se irá avisando da evolución deste proxecto.

Resultados do ano 2008

Itinerarios de censo de teixugueiras

Durante o ano 2008 realizáronse un total de 100 itinerarios de 500 m, distribuídos ó longo do área de estudo: 75 zona norte (Trazo e arredores) e 25 na zona leste (Arzúa e arredores) (ver Figura 1). Na zona norte foron censadas 15 das 36 celas de 2,5 x 2,5 km nas que se divide o área, atopándose 26 teixugueiras (0,69 teixugueiras/km). Por outra banda na zona leste, tan so foron mostreadas 5 celas, atopando un total de 11 teixugueiras (0,88 teixugueiras/km) (Táboa 1).

Táboa 1: Resume dos resultados obtidos.

Zona

Nº Itinerarios

Teixugueiras

IKA(Teixugueiras/km)

Densidade(teixugueiras/km2)

Norte

75

26

0,69

0,277

Leste

25

11

0,88

0,352

Total

100

37

0,74

0,296

Trampeo fotográfico

Desde febreiro do ano 2008, instaláronse  cámaras en dúas teixugueiras na zona oeste do área de estudo (Rois e arredores, figura 1). Estas cámaras eran foron revisadas en por períodos de 7-15 días. Durante este período foron rexistradas máis de 9000 fotografías, correspondentes a 3000 sucesos (1 suceso= 3 fotos).
Foron rexistrados diversas fases do comportamento da especie obxecto de estudo:

Xogos e atusamento  


Reprodución
 

Conclusións

Os datos obtidos durante o ano 2008 indican valores inferiores ós obtidos anteriormente (Pardavila et al. 2007), na zona oeste do área de estudo. Unha vez rematadas as mostraxes, durante o ano 2009 establecerase que patróns segue a especie para seleccionar un medio ou outro, así como as posibles explicacións das diferentes densidades atopadas.
Finalmente se elaborará un modelo de hábitat utilizando os datos recompilados no campo.
Durante este primeiro ano, o trampeo fotográfico aportou datos moi interesantes sobre a etoloxía e bioloxía da especie obxecto de estudo, non rexistrados ata o momento na nosa comunidade. Unha vez finalizado o estudo no ano 2009, preténdese rexistrar mais destes comportamentos, co fin de coñecer algo máis da bioloxía destes animais.

Bibliografía

Araújo, M.B. e Guisan, A. (2006). Five (or so) challenges for species distribution modelling. Journal of Biogeography, 33, pp. 1677-1688.

Berry, J. (1993). The application of GIS to mammalogy: basics concepts. In: GIS Applications of  Mammalogy, edited by S.B. Mclaren and J.K. Braun. Special Publication of Oklahoma Museum of Natural History in collaboration with the Carnegie Museum of Natural History (Norman; University of Oklahoma), pp. 4-10.

Burnham, K.P., Anderson, D.R. e Laake, J.K. (1980). Estimation of density from Line Transect Sampling of biological populations. Wildlife Monographs 72.

Chouza, M. e Cid, R. (1995). Mamíferos. Pp. 171-322. En: Consello da Cultura Galega y Sociedade Galega de Historia Natural (eds.). Atlas de Vertebrados de Galicia. Aproximación a distribución dos Vertebrados terrestres de Galicia durante o quinquenio 1980-85. Tomo 1: Peixes, Anfibios, Réptiles e Mamíferos. Agencia Gráfica S. A., Santiago de Compostela.

Cresswell, P., Harris, S., Bunce, R. G. H. e Jefferies, D. J.(1989). The badger (Meles meles) in Britain: present status and future population changes. Biological Journal of the Linnean Society, 38, pp. 91-101.

Danks, F.S. e Klein, D.R., (2002). Using GIS to predict potential wildlife habitat: a case study of muskoxen in norther Alaska. Int .J .Remote Sensing, Vol. 23, No.21, pp. 4611-4632.

Doncaster, C. P. e Woodroffe, R. (1993). Den site can determine shape and size of badger territories: implications for group-living.Oikos, 66, pp. 88-93.

Edwards, T.C., Cutler, D.R., Zimmerman, N.E., Geiser, L. e Alegria, J. (2005). Model-based stratifications for enhancing the detection of rare ecological events. Ecology, 86, pp.1081-1090.

Elith, J., Graham, C. H., Anderson, R. P., Dudı´k, M., Ferrier, S., Guisan, A., Hijmans, R.J., Huettmann, F., Leathwick, J. R., Lehmann, A., Li, J., Lohmann, L. G., Loiselle, B. A., Manion, G., Moritz, C., Nakamura, M., Nakazawa, Y., Overton, J. McC., Peterson, A. T., Phillips, S. J., Richardson, K. S., Scachetti-Pereira, R., Schapire, R. E., Sobero´n, J., Williams, S., Wisz, M. S. e Zimmermann, N. E. (2006). Novel methods improve prediction of species’ distributions from occurrence data. Ecography, 29, pp. 129 - 151.

Elith, J.e Leathwick, J. (2007). Predicting species distributions from museum and herbarium records using multiresponse models fitted with multivariate adaptive regression splines. Diversity and Distributions, Vol. 13, No.3, pp. 265-275.

Engler, R., Guisan, A. e Rechsteiner, L. (2004) An improved approach for predicting the distribution of rare and endangered species from occurrence and pseudo-absence data. Journal of Applied Ecology, 41, pp. 263-274.
Ferrier, S. (2002). Mapping spatial pattern in biodiversity for regional conservation planning: where to from here? Systematic Biology, 51, pp. 331-363.

Frey, J. (2006). Inferring species distributions in the absence of occurrence records: An example considering wolverine (Gulo gulo) and Canada lynx (Lynx canadensis) in New Mexico. Biological Conservation, 130, pp. 16–24.

Funk, V.A. e Richardson, K.S. (2002). Systematic Data in Biodiversity Studies. Use it or lose it. Systematic Biology, Vol.51, No.2, pp 303-316.

Goolsby, J.A. (2004). Potential distribution of the invasive old world climbing, fern, Lygodium microphyllum in north and south America. Natural Areas Journal, 24, pp. 351-353.

Guisan, A e Zimmerman, N.E (2000). Predictive habitat distribution models in ecology. Ecologycal Modelling, 135, pp. 147-186.

Guisan, A., Graham, C.H., Elith, J., Huettmann, F. e NCEAS Species Distribution Modelling Group (2007). Sensitivity of predictive species distributions models to change in grain size. Diversity and Distributions, 13, pp. 332-340.

Herrera, C.M. (1989). Frugivory and seed dispersal by carnivorousmammals, and associated fruit characteristics, in undisturbed mediterranean habitats. Oikos, 55, 250-262.

Johnson, L.B. (1993). Ecological analyses using Geographical Information Systems. In: GIS Applications of  Mammalogy, edited by S.B. Mclaren and J.K. Braun. Special Publication of Oklahoma Museum of Natural History in collaboration with the Carnegie Museum of Natural History (Norman; University of Oklahoma), pp. 27-38.
Karanth, K. U., Chundawat, R. S., Nichols, J.D. e Kumar, N. S. (2004). Estimation of tiger densities in the tropical dry forests of Panna, Central India, using photographic capture–recapture sampling. Animal Conservation ,7, 285–290,

Macdonald, D.W., Mitchelmore, F. e Bacon, P.J. (1996). Predicting badger sett numbers: evaluating methods in East Sussex. Journal of Biogeography, 23, pp. 649-655.

Mclaren, S.B. e Braun, J.K. (1993). GIS Applications of  Mammalogy, Special Publication of Oklahoma Museum of Natural History in collaboration with the Carnegie Museum of Natural History.

Pardavila, X., de Nóvoa, D., Díaz, E. e Mucientes, G.R. (2003). Resultado del primer sondeo nacional de tejoneras, en Galicia. Libro de resúmenes de las Jornadas da Sociedad Española para la Conservación y Estudio de los Mamíferos. Ciudad Real, p. 132.

Pardavila, X., Lamosa, A., Díaz, E., Martínez-Freiría, F., Virgós, E. e Guitián, J. (2007). Modelo de hábitat de tejón (Meles meles, L. 1758), mediante el uso de GIS e un área del norte peninsular.VIII Jornadas da Sociedad Española para la Conservación y Estudio de los Mamíferos. Organizadas pola SECEM en Huelva do 5 ó 8 de decembro de 2007. Comunicación en panel.

Pearce, J.L. e Boyce, M.S. (2006) Modelling distribution and abundance with presence-only data. Journal of Applied Ecology, 43, pp. 405-412.

Silveira, L., Jácomo, A.T.A. e Diniz-Filho, J.A.F. (2003). Camera trap, line transect census and track surveys: a comparative evaluation. Biological Conservation, 114, 351-355.

Tellería, J.L. (1986). Manual para el censo de vertebrados terrestres. Ed. Raíces, Madrid.

Thornton, P.S. (1988). Density and distribution of badgers in South-West England: a preditive model. Mammal Review, 18, pp. 11-23.

Torre, I., Arrizabalaga, A. e Flaquer, C. (2003). Estudio de la distribución y abundancia de carnívoros en el Parque Natural del Montnegre i El Corredor mediante trampeo fotográfico. Galemys, 15(1), 15-28.

Virgós, E, Romero, T. e Mangas, J.G. (2001). Factors depermining "gaps" in the distribution o a small carnivore, the comon genet (Genetta genetta)., in central Spain. Canadian Journal of Zoology, 79, 1544-1551.

Virgós, E. e Casanovas, J. (1999). Badger Meles meles sett site selection in low density Mediterranean areas of central Spain. Acta Theriologica, Vol. 44, No. 2, pp. 173-182.

Wieczorek, J.R., Guo, Q. e Hijmans, R.J. (2004). The point-radius method for georeferencing point localities and calculating associated uncertainty. International Journal of Geographic Information Science, 18, pp. 745–767.

Wilson, G.J. e Delahay, R.J. (2001). A review of methods to estimate the abundance of terrestial carnivores using field signs and observation. Wildlife Research, 28, 151-164.

Zielinski, W.J. e Kucera, T.E. (eds.) (1995). American marten, fisher, lynx and wolverine: survey methods for their detection. US: Pacific SouthWest Research Station.

Zielinski, W.J., Kucera, T.E. e Halfpenny, J.C. (1995). Definition and distribution of sample unit. En: Zielinski, W.J. e Kucera, T.E.(eds.) (1995). American marten, fisher, lynx and wolverine: survey methods for their detection. US: Pacific SouthWest Research Station.