Que é Geas?

O Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes, G.E.A.S., comeza as súas andanzas en Santiago de Compostela no ano 2003.

Esta asociación xurde froito das inquedanzas duns xóvenes biólogos, xóvenes tamén en espírito, estando cheos de novas ideas e entusiasmo.

As xentes que forman parte de G.E.A.S., levan anos adicados ó coñecemento da fauna e flora das terras e mares da Galiza, e, chegado un momento, decidiuse compartir estes coñecementos transmitíndoos ás novas xeracións e atoda aquela xente interesada no tema. Deste xeito unha grande parte das actividades da asociación está enfocada hacia a xente moza, tentando acercar a todo o mundo o coñecemento da "bichería" que nos rodea, e que poucos coñecemos.

Así mesmo trátase de inculcar un respeto por todas as especies vivas e polo Medio Ambiente en xeral, ensinando unhas nórmas básicas de comportamento ambiental e conservacionismo.

Se queres ser partícipe das nosas actividades podes escribirnos ao noso correo e te poremos ao día da actividade ou actividades que che interesen.

Tamén podes estár en contacto contínuo connosco seguíndonos en facebook ou en twitter, medios onde compartimos as nosas ideas, e que son un dos principais vehículos de comunicación entre os socios para as saídas de campo e outras actividades que realizamos ao longo do ano.

Información de contacto

Contáctanos. Emprega o formulario para unha resposta rápida
  • MÓVIL: 651 854 728 / 656 532 582
  • MAIL: grupogeas@grupogeas.org

facebook.png Twitter.png

Formulario de contacto

Todos os campos son requiridos

Novas

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos